Proyecto PCM: Rexistro de pacientes con Enfermidade von Willebrand España

Proxecto PCM-EVW: Actualización e mellora do rexistro español de pacientes con Enfermidade de von Willebrand


Neste proxecto, partíase dun rexistro para a caracterización de pacientes realizado en 2010 que, ademáis de ser pouco funcional e usable, carecía de moitas opcións e funcionalidades que hoxe en día se convertiran en necesarias.


De cara a mellorar a plataforma, antes de comezar o proxecto, contactouse cos usuarios do antigo rexistro para coñecer de primeira man que novas funcionalidades necesitaban, que cambios vían imprescindibles, que problemas encontraban na anterior plataforma, como crían que se podía mellorar...


Con esa información como base e con estes usuarios en mente, realizouse unha migración dos datos antigos a unha nova plataforma, así como unha importante mellora nas funcionalidades, usabilidade e aspecto final. O objectivo: que os usuarios habituais se atoparan cómodos introducindo e consultando datos e que lles fora sinxeloatopar a información e documentación necesaria en cada momento.


Aparte do deseño e implementación da nova plataforma e de cara a plasmar visualmente a renovación do Proxecto PCM-EVW español, decidiuse crear unha nova imaxe corporativa: logotipo, tipografía, gama de cores, modelo de documentos... Ademáis, para ofrecer información, dar a coñecer a reactivación do estudio e atopar investigadores interesados en unirse a el, lanzouse a web www.proyectopcm.com.


A finais de 2017, o proxecto PCM-EVW-ES (de cuxa plataforma tecnolóxica seguimos encargándonos) foi galardoado co Premio Duquesa de Soria ao mellor proxecto internacional de investigación en coagulopatías conxénitas.