Plataformas de gestión para facilitarte la vida

Plataformas de xestión: axiliza e mellora os teus procesos grazas á tecnoloxía


A meirande parte das empresas e grupos de investigación enfróntanse a diario ao manexo de multitude de datos que adoitan presentarse (e almacenarse) en diferentes tipos de arquivos, mesmo ás veces en papel. Se a eles se suman protocolos pouco estandarizados ou tediosos procesos de adquisición ou introdución de datos, a xestión de toda esta información será con seguridade pouco eficiente e eficaz.

Para resolver todos estes problemas, en Lapisoft encargámonos de desenvolver distintos tipos de ferramentas e interfaces para a xestión de datos, dende simples rexistros (listaxes e fichas de elementos) sobre os que realizar consultas ou calcular estatísticas ata complexos sistemas cos que xestionar indicadores, realizar evalucións e extraer informes listos para enviar e imprimir.

Se cada cliente é un mundo, cada plataforma tamén debería selo. Por iso, cremos que é prácticamente imposible que a misma solución encaixe 100% en empresas ou áreas diferentes. Partindo desa filosofía, cando nos enfrontamos ao deseño dun sistema de xestión estudamos a fondo ao cliente (como desempeña a súa labor, que procesos están optimizados e cales poden mellorarse...) para poder ofrecerlle unha solución a medida que se adapte perfectamente ás súas necesidades. Ademais, ofrecémoslle sempre plataformas personalizadas (acordes á súa imaxe corporativa, cada plataforma é única) e adaptadas á súa destreza tecnolóxica, a súa linguaxe e aos usos que coñece, para que a utilización desta nova ferramenta non lle supoña ningunha dificultade.

Grazas a todo isto, os nosos clientes son quen de sacar moito máis partido a todos os datos que manexan (mesmo introducindo o poder da algoritmia para mellorar algúns resultados), realizar unha xestión deles máis óptima (tanto no proceso de entrada coma no de saída) e obter informes moi visuais e claros cos que, con só premer un botón, estar ao tanto do estado dos seus proxectos.

Se queres que nos sentemos xuntos e busquemos como se pode mellorar a xestión da información e os datos dos que dispós ou necesitas axilizar e controlar as túas tarefas pero non tes nin idea de como facelo dun xeito máis sinxelo e eficaz, non dubides en contactarnos!