Curso online acreditado en hematoloxía Neodiadhema

Campus de formación NeoDiadhema


Neodiadhema é un campus virtual no que médicos especialistas (hematólogos, pediatras, médicos de urxencias, anestesistas, intensivistas) e outros profesionais da área sanitaria poden completar online a súa formación en diátesis hemorráxicas.


Composto por 5 cursos acreditados como Formación Continuada e organizado por FEUGA, o campus tivo a súa primeira edición no curso 2015-16 con 120 alumnos. A partir da segunda edición, incluindo un Curso de Especialización (6 capítulos) para que antigos alumnos puideran actualizar os seus coñecementos na materia.


Para o proxecto habilitouse unha plataforma online personalizada (baseada en Moodle) e se deseñou e implementou a web informativa www.neodiadhema.com. A nivel de deseño e comunicación, creouse a imaxe corporativa do campus (logotipo, paleta de cor, plantillas de documentos), deseñáronse trípticos informativos e se fixo unha campaña de mailing e RRSS de cara a captar alumnos.


Ademáis de todo isto, dende a primeira edición Lapisoft encargouse da secretaría técnica do curso (dando respostas e atención a docentes e alumn@s) e da redacción de documentación para a acreditación oficial dos cursos, en colaboración con FEUGA.