Formación en anticoagulación na fibrilación auricular

Campus ACFA: formación online en anticoagulación na fibrilación auricular


O Campus ACFA é o noso segundo proxecto de formación online de temática médica, neste caso, relacionado coas áreas de hematoloxía e cardioloxía. Composto por dous cursos: un centrado na fibrilación auricular e outro na anticoagulación, está dirixido a médicos de atención primaria e especialistas médicos que desexen continuar a súa formación neste campo.


Organizado por FEUGA e composto por 8 capítulos (4 por curso), na súa primeira edición (2017) foi acreditado como Formación Continuada e acolleu a 150 alumnos. Ademáis dos contidos teóricos propiamente ditos, o campus inclúe información práctica e visual (figuras, tablas…), casos clínicos cos que practicar, glosario, foros


Neste proxecto (ao igual que en Neodiadhema) ademáis de crear a plataforma online personalizada para os cursos e subir os contidos, fixémonos cargo da secretaría técnica (atención a docentes e alumnos, documentación para a acreditación...) e do diseño e implementación da web informativa www.campusacfa.com. Tamén nos fixemos cargo de crear a identidade corporativa do campus (logo, tipografía e paleta de cor, etc) e de dalo a coñecer a través de dúas ferramentas: o deseño de dípticos informativos e unha campaña de mailing para a captación de alumnos.