Consultoría e xestión tecnolóxica. Innovación dende Galicia: ehealth, medioambiente, cultura

Proxectos de consultoría tecnolóxica e innovación


En Lapisoft traballamos para atopar as mellores solucións tecnolóxicas a calquera problema ou área. Por iso, no só nos dedicamos a achegar a tecnoloxía a áreas tradicionalmente pouco tecnolóxicas (como a saúde), senon que nos implicamos en todo tipo de proxectos que nos permitan investigar e aprender, relacionados especialmente co medioambiente, a cultura ou o ámbito social.


Así, somos quen de ofrecer solucións á medida do cliente (partindo das súas necesidades, orzamento e calendario) e totalmente personalizadas, sempre buscando a satisfacción do usuario final. Outras veces embarcámonos en proxectos de colaboración nos que, en lugar de clientes, hai detrás un equipo de persoas con ganas de innovar e sacar adiante ideas e proxectos orixinais.


Dentro da área de consultoría tecnolóxica realizamos traballos para outras empresas e profesionais en apps relacionadas coa nutrición, solucións de software para dispositivos médicos, plataformas de axuda ao diagnóstico, solucións relacionadas coa saúde sexual, e formación online en sistemas de xestión, entre outros.


Na área de innovación, participamos xunto a algúns dos nosos colaboradores en varias convocatorias de proxectos europeos e nacionais en áreas como o medioambiente ou a mellora na abordaxe médica de certas patoloxías.


Se tes unha gran idea ou che gustaría mellorar algún proceso na túa empresa ou centro de traballo pero non tes nin idea de que opcións tecnolóxicas se adaptarán mellor ao teu proxecto, ven a vernos!