Formación in company para trabajadores de Emalcsa

Formación in company: cursos online para empregados de Emalcsa


A formación dos traballadores dunha empresa é, sen dúbida, un dos seus activos máis importantes. Por iso, son moitas as compañías que apostan -cada vez máis- por ofrecer cursos adaptados tanto ás necesidades formativas específicas da empresa como ás dos seus traballadores.

En Lapisoft non só nos dedicamos á formación relacionada co ámbito médico nin tampouco únicamente á formación 'aberta' (de libre acceso, previa matrícula), senón que estamos encantados de afrontar calquer proposta no ámbito da formación online.

Mostra de elo é un dos traballos realizados para Emalcsa (Empresa Municipal de Augas da Coruña) no que demos resposta á petición dunha plataforma de formación in company (exclusiva para traballadores) de temática medioambiental que fora de uso sinxelo e con contidos atractivos para os empregados. O obxectivo: que o persoal coñecera todas as partes que integran o Sistema Integrado de Xestión de Emalcsa de cara a dar cumprimento ás normativas e certificacións implantadas.

Non só nos encargamos da implementación da plataforma, os seus manuais de uso e a formación aos usuarios principais senón que colaboramos activamente para convertir os contidos textuais en diferentes cursos con unha gran compoñente visual.

O resultado: un campus formado inicialmente por 5 cursos (que próximamente será ampliado) que permite xestionar de xeito sinxelo tanto contidos como alumnos e facilita a lectura e superación de cada curso grazas a unha estrutura clara e un coidado deseño.