Curso online y web de la Red Transfronteriza Biomasa AP

Curso online e web da Rede Transfronteiriza Biomasa-AP


Un dos nosos últimos proxectos (ainda en marcha) ten que ver, de novo, co sector medioambiental. Neste caso, trátase dun proxecto trasfronteirizo para centros de I+D de España e Portugal: a Rede transfronteiriza Biomasa-AP.

Neste proxecto, dende Lapisoft encargámonos da implementación dun sitio web no que os socios da rede (empresas, institucións e centros de investigación) poidan acceder a información sobre convocatorias de proxectos, oportunidades de financiación ou mesmo atopar socios para novos proxectos ou ofertarse como partners.

Ademais, na web pódense atopar diferentes recursos relacionados coa actividade da rede e do proxecto Biomasa-AP e información sobre os seus resultados.

Pero a nosa colaboración no proxecto non remata aquí, xa que en 2019 implementaremos unha plataforma online de formación multidioma para que os profesionais da área que así o desexen poidan formarse a ambas beiras da fronteira. Tres cursos, tanto en español coma en portugués, cos que consolidar toda a aprendizaxe que este proyecto está aportando aos seus socios.