Test Worth App: especial para oftalmoloxía pediátrica

Test Worth App: aplicación móbil de axuda en oftalmoloxía pediátrica


Proxecto realizado conxuntamente coa Doctora Rosario Gómez de Liaño, especialista en Neuroftalmología e Estrabismo e Presidenta da Sociedade Europea de Estraboloxía. A aplicación permite realizar o Test de Worth na consulta do oftalmólogo a través do móbil ou tablet, sen necesidade de utilizar a clásica lanterna (luces de Worth).


Test Worth App incorpora opcións táctiles, sons e figuras para facelo máis atractivo e fácil de usar para o diagnóstico de público infantil. Como novidade, a app permite variar a cor verde por azul (para adaptarse a gafas azul-vermello), así como realizar o test con 3 elementos en lugar de 4.


A aplicación, pensada principalmente para facilitar a realización da proba aos máis pequenos, tamén pode ser utilizada para estudiar a visión binocular en adultos e dispón de distintas opcións de test (3 opcións de distancia).


Ademáis do deseño e implementación da aplicación para Android e iOS, tamén se lanzou a web informativa de Test Worth app. Os beneficios obtidos coa venta da aplicación serán donados á Sociedade Española de Estraboloxía e Oftalmoloxía Pediátrica (SEEOP).