app genhem: manual interactivo de xenética hematolóxica

App GenHem: Manual de Xenética Hematolóxica para smartphones e tablets


GenHem é un Manual Práctico de Xenética Hematolóxica formado por 39 capítulos e elaborado por máis de 100 especialistas do GCECGH e o GBMH que, en lugar de salir ao mercado en papel, faino en formato app para smartphones e tablets.


Dispoñible tanto para Android como para iOS, a aplicación permite unha lectura interactiva da información, facilitando a consulta de tablas, información complementaria, términos de glosario, bibliografía e imaxes interactivas de xeito instantáneo (con só premer un icono, sen abandonar a lectura). O formato app permite tamén subliñar o texto e tomar notas sobre el, así como a incorporación dun buscador que fai moito máis sinxelo e rápido atopar calquera información.


Ademáis do deseño e implementación da app, realizouse a subida a Google Play e iTunes, baseándonos en criterios ASO. A nivel de marketing, creouse a web informativa www.genhem.com e realizáronse unha serie de accións promocionais: envío de notas de prensa (con kit de imaxes) a diferentes medios de comunicación e medios especializados, mailing informativo a sociedades e entidades médicas, deseño de flyers en papel repartidos durante un congreso de hematoloxía...


Por tanto, como ocorre con moitos dos nosos traballos, ocupámonos do proxecto dende o principio (fase de concepto) ata o final (saída ao mercado e accións de marketing e comunicación de lanzamento), cubrindo o ciclo completo do produto.


A app, lanzada en 2016, foi recoñecida como a 2ª mellor app de saúde para profesionais médicos en 2017 no Ranking da Fundación ISYS. Dende entón ven recibindo importantes actualizacións (como a implementación en 2018 da súa guía de recomendacións) e se lanzará en inglés ao longo deste ano (para dar o salto ao mercado internacional). Dende a súa publicación, conta co aval da Sociedad Española de Hematología y Hemoterapia (SEHH).