YoTeCuido Alzheimer app. Axuda a coidadores

YoTeCuido: a app de balde de axuda a coidadores e afectados de alzhéimer


O proyecto YoTeCuido é un dos traballos dos que nos sentimos máis orgullosos. Partindo da nosa Política de Responsabilidade Social Corporativa (que nos permite dedicar parte da nosa xornada laboral a proxectos non lucrativos), decidimos centrarnos en solucionar un problema que nos tocaba moi de preto: a falta de información e apoio aos familiares de persoas con Alzhéimer. Con esa idea en mente, contactamos con AFACO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer de A Coruña) para solicitarlles a súa colaboración no proxecto, así como cunha coidadora familiar que nos aportou contidos e experiencias.


O resultado: unha app de balde para Android e iOS que busca servir de apoio e fonte de información no día a día tanto de afectados (diagnosticados en fase 1) como de familiares e coidadores. A aplicación tivo unha moi boa acollida (actualmente achégase ás 10.000 descargas) e foi elexida como mellor app para pacientes no Ranking da Fundación ISYS en 2016/17. Grazas ao certame SmartCAT Challenge, tamén serviu como base para un estudo piloto na cidade de Terrassa.


Ademáis de deseñar e desenvolver a aplicación, realizamos a súa subida a iTunes e Google Play atendendo a criterios ASO. Tamén deseñamos a web informativa www.yotecuidoalzheimer.com e nos encargamos da elaboración e envío de notas de prensa (+ kit de imaxes) a diferentes medios de comunicación e medios especializados en España e Latinoamérica.


Dispoñible para descarga en Android o iOS.